ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade convoca unha edición especial do programa "Aula de Patrimonio"
O Grupo de Cidades Españolas Patrimonio da Humanidade convoca unha edición especial do programa pedagóxico para escolares Aula de Patrimonio. Esta convocatoria faise co gallo do 25 aniversario da creación do Grupo, polo que se modificaron as bases para orientalas ao programa de valores culturais que representa o conxunto das 15 cidades españolas que son Patrimonio da Humanidade. Aula de Patrimonio tamén se encadra no 2018 dentro do Ano do Patrimonio Cultural Europeo.
BENESTAR ANIMAL
Benestar Animal colabora coas asociacións en varias iniciativas durante o Nadal
A chegada do Nadal tamén se vai notar no Departamento de Benestar Animal, que colabora con varias iniciativas impulsadas polas asociacións que traballan neste ámbito en Compostela. As actividades foron presentadas pola concelleira Noa Morales e por representantes dos colectivos implicados.
IGUALDADE
A campaña "A igualdade tamén se fai xogando" fomenta a compra de agasallos non sexistas
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou este luns unha campaña que pon en marcha o Concello para agasallar en igualdade durante as festas de Nadal. A iniciativa leva por nome "A igualdade tamén se fai xogando" e inclúe un decálogo de recomendacións para as familias.
DEPORTES
Tres xogadoras profesionais de xadrez promoverán a práctica desta disciplina a través dunhas xornadas en centros educativos
A concelleira de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente da Federación Galega de Xadrez, Gaspar Pérez, e o secretario da Federación Española de Xadrez, Ramón Padullés, presentaron as xornadas de xadrez que percorrerán diferentes centros educativos santiagueses. Encadrada no programa Muller e Deporte, esta iniciativa, con conferencias e partidas simultáneas, busca promover a práctica feminina do xadrez e difundir o mundial cadete de xadrez que acollerá Santiago de Compostela do 3 ao 16 de novembro de 2018.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Amplíase o prazo de inscrición no Programa de Conciliación de Nadal
O Concello de Santiago vén de ampliar o prazo para a inscrición no Programa Municipal de Conciliación para este Nadal 2017, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía. As actividades desenvolveranse no CEIP As Fontiñas, no que aínda quedan prazas vacantes.
CONSORCIO
A ampliación do Museo do Pobo Galego preséntase como a obra de maior calado do Consorcio para os vindeiros anos
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Asistiron o subsecretario de Facenda e Función Pública, Felipe Martínez; a subsecretaria do Ministerio de Fomento, Rosana Navarro; a inspectora xeral do Ministerio de Facenda e Función Pública, Carmen Alcalá; o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez; o conselleiro de Cultura, Román...