CONSORCIO

O Consorcio financiará con 50.000 euros o cambio da sinaléctica do aeroporto para darlle o nome de Rosalía de Castro

07/11/2017

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Na xuntanza aprobáronse varios asuntos de trámite ordinario. E, ademais, avanzouse nas principais liñas e proxectos que integrarán o presuposto do vindeiro ano, contando coas mesmas aportacións que as do presente exercicio por parte das tres administracións, que suman un importe global lixeiramente superior aos 9 millóns de euros, aínda que...

Leer más

MANTEMENTO E OBRAS

A reurbanización de Rapa da Folla estará executada antes de que acabe o ano

07/11/2017

O concelleiro de Medio Rural, Obras e Mantemento para o Equilibrio Territorial deu conta hoxe do inicio inminente de varias actuacións, que viñan sendo moi demandadas pola cidadanía. Entre elas, Rafael Peña referiuse á reurbanización de Rapa da Folla e á actuación para a mellora da seguridade viaria na Cañoteira de Meixonfrío.

Leer más

IGUALDADE

A campaña "En negro contra as violencias" chega ao Parlamento Europeo

07/11/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá na Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero (FEMM) do Parlamento Europeo a campaña Galicia en negro contra as violencias machistas. Marta Lois e o resto da delegación galega desprazada a Bruxelas foron recibidos pola presidenta e o vicepresidente da Comisión de Igualdade, a lituana Vilija Blonkeviciute e o portugués Joao Pimenta.

Leer más
Compartir: