XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a nova ordenanza Compostela +
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a nova Ordenanza de Garantía Básica Cidadá do Concello de Santiago, coñecida co nome de Compostela +. O texto, que ten que recibir luz verde definitiva no Pleno da Corporación, substituirá á ordenanza Santiago Suma, que entrou en vigor o 17 de xuño de 2015.
DEPORTE
Área Central acolle este sábado dez horas de actividades no 2º Día do Deporte Solidario
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá o 2º Día do Deporte Solidario, un evento que acolle Área Central este sábado 4 de xuño. Na rolda estivo acompañado polo xerente de Área Central, José Rafael Martínez; o xerente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas), Javier García; e o coordinador da actividade, Enrique Vieites.
ALCALDÍA
Compostela e outros oito concellos promocionarán conxuntamente o Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou en Noia na sinatura do protocolo entre os concellos de Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela para a promoción conxunta do Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia.
CONSORCIO
Cristina Pato toca coa Real Filharmonía este sábado no Parque Eugenio Granell
A Real Filharmonía de Galicia celebra un concerto ao aire libre mañá sábado, 4 de xuño, no compostelán Parque Eugenio Granell, baixo a batuta do seu director titular, Paul Daniel. A cita será ás 12:30 horas e, se chove, terá lugar no Auditorio de Galicia. Diríxese ao público máis novo e ás familias, dentro do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. A entrada é gratuíta.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local dá un novo paso para a apertura do Centro Xove de Creación Cultural
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de contratación para o servizo de xestión de actividades no Centro Xove de Creación Cultural, na Almáciga, e os locais municipais de música para a xuventude de Compostela, en San Lázaro. É o último paso para a apertura do edificio construído no patio do CEIP Apóstolo Santiago.
CONVIVENCIA
O "Road Show" abriu o programa en torno ao Día da Seguridade Viaria
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asistiu no Auditorio de Galicia á representación teatral sobre seguridade viaria Road Show, dirixida a estudantes de 1º de Bacharelato. Esta actividade forma parte do programa que preparou o Concello de Santiago para celebrar o Día da Seguridade Viaria (10 de xuño).
ACCIÓN CULTURAL
Xosé A. Touriñán protagoniza o "Monólogo do imbécil" no Teatro Principal
Eme2 Teatro presenta a vindeira semana en Compostela o Monólogo do imbécil, protagonizado por Xosé A. Touriñán. Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega está escrito e dirixido por Jose Prieto. En total haberá tres funcións: venres 10 e sábado 11 ás 20:30 e o domingo 12 ás 19:00 horas, todas no Teatro Principal.