TURISMO
As cidades Patrimonio promocionan a súa oferta turística no mercado asiático
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España realizou unha serie de presentacións técnicas do seu produto en Seúl, Tokio e Manila co fin de impulsar a súa imaxe como destino para os viaxeiros do mercado asiático
ALCALDÍA
Compostela acollerá o VI Congreso Nacional de Musicoterapia en marzo de 2017
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a presidenta da Asociación Galega de Musicoterapia (AGAMUS), Montse Merino.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou esta fin de semana unha vítima en Badalona.
ALCALDÍA
Compostela homenaxea a Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, descubriu este mediodía unha placa en lembranza de Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", no número 36-38 da rúa do Franco. Alí, no exterior do inmoble no que residira, estivo acompañado da familia do homenaxeado, encabezada pola súa filla, Lola Mosquera. Tamén asistiron o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; os directores dos IES Xelmírez I e Rosalía de Castro, Manuel Portas e Ubaldo Rueda; e representantes da Corporación...
TURISMO
Un dos creadores do modelo matemático da neve do filme "Frozen" dará este martes unha charla para todos os públicos
O Auditorio Abanca acollerá este martes, ás 20:00 horas, a charla divulgativa "O Camiño matemático cara os Oscar", na que participará o profesor de UCLA, Joseph Teran, quen participou no desenvolvemento matemático do modelo que permitiu a recreación natural dos movementos da neve na película Frozen, recoñecida con multitude de premios, entre eles o Oscar á Mellor Película Animada no 2014, e que conseguiu unha recadación mundial superior aos 1.200.000 millóns de dólares.
CONVIVENCIA
O venres remata o prazo de solicitude de permisos para cacharelas e sardiñadas
O vindeiro venres, 17 de xuño, ás 14:00 horas, remata o prazo de solicitude de permisos para as cacharelas/ou sardiñadas, tanto públicas como privadas, con motivo do San Xoán. O modelo de solicitude está a dispor da cidadanía na Oficina de Atención ao Cidadán, na rúa Salvador Allende, ou nesta web.
EMPREGO
O Foro de Innovación para o Emprego acollerá máis de 30 actividades formativas
A só dous días para o comezo do Foro da Innovación para o Emprego 2016, que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións en Santiago de Compostela os días 15 e 16 de xuño, xa se poden ofrecer algúns datos provisionais. Así, recibíronse 129 ofertas de 78 empresas diferentes, rexistráronse máis de 3.200 inscricións das persoas usuarias nesas ofertas e foron remitidos ás empresas máis de 800 currículos que se axustaban aos perfís requiridos.