NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Final da fase comarcal do IV Club de Debate, no que participan 8 equipos e 68 estudantes
O Concello de Santiago participa un ano máis no Club de Debate, que nesta edición ten como sede da fase comarcal a Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames). Esta final comarcal desenvólvese ao longo da xornada deste venres, coa participación 68 estudantes (de 4º de ESO e 1º de Bacharelato) e 6 profesores de institutos Santiago, Ames, Rois e Padrón. Os dous equipos gañadores desta xornada pasarán á final galega que se celebrará no Pazo da Cultura de Carballo o domingo 26 de abril.
XUNTA DE GOBERNO
Santiago segue avanzando como Smart City co novo acceso aos datos das obras a través dos móbiles e con máis medidas de optimización do alumeado público
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria desta semana, aprobou dúas iniciativas que supoñen un avance na aplicación da estratexia de Cidade Intelixente (Smart City) en Santiago de Compostela. Trátase do novo modelo de cartel corporativo, cun código QR que permitirá consultar todos os datos das obras, e dun convenio con Ferrovial Servicios para por en marcha novos modelos de optimización enerxética.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello cede unha parcela de máis de dúas hectáreas para o Bosque de Galicia
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno dun protocolo de colaboración a subscribir coa Fundación Cidade da Cultura para a execución do Bosque de Galicia, "que vai converter as ladeiras do monte Gaiás nun dos pulmóns verdes de maior extensión do concello e nun espazo de recreo e de lecer para a cidadanía compostelá".
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas tres novas iniciativas para a promoción da lingua galega
O Goberno local deu o visto bo a tres novas iniciativas para a promoción da lingua galega. Trátase do proxecto Apego e da convocatoria dos concursos de proxectos publicitarios e de vídeo-creación en centros de ensino. Estas tres accións, en palabras do alcalde, Agustín Hernández, teñen en común "a promoción, defensa e divulgación do idioma galego entre a poboación e, de forma moi especial, entre a infancia e a mocidade, para tratar de contribuír a elevar os índices de autoestima e...
XUNTA DE GOBERNO
O obradoiro "Ecotur Xuvenil" dará emprego a 45 mozos e mozas durante seis meses e permitirá acondicionar os sendeiros de Galeras e Ponte Albar e das Brañas do Sar
A Xunta de Goberno aprobou o novo proxecto de obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil, que contempla o acondicionamento dos sendeiros de Galeras a Ponte Albar (Rota dos Ríos) e das Brañas de Sar. Estas actuacións incluirán traballos de roza, saneamento, drenaxe, conducións de regueiros en pedra, lousado e restauración de elementos patrimoniais e da arquitectura popular.
CULTURA
Marta Mathéu e Lluís Sintes, protagonistas da Gala Lírica da Banda Municipal de Música
A Banda Municipal de Música ofrece este domingo 1 de marzo, ás 12:00 horas, no Teatro principal unha Gala Lírica que leva por título Voces de Zarzuela. A Banda réndelle así unha homenaxe ao xénero chico cun concerto no que contarán coa soprano Marta Mathéu e co barítono Lluís Sintes, ambos profesionais de traxectoria brillante e recoñecida internacionalmente. O concerto estará dirixido polo director titular da Banda, Juan Miguel Romero Llopis.
CULTURA
Os madrileños Trajano! presentan o seu novo traballo, "Antropología", no Compostela Rock
Os madrileños Trajano! estarán este sábado en Santiago presentando o seu último traballo, Antropología. Será ás 20:30 horas na Zona C e dentro do ciclo Compostela Rock.
CULTURA
Ilusionismo con Yunke e teatro para bebés con Teatro da Semente, na programación cultural desta fin de semana
O ciclo Infantil & Familiar ofrece dúas propostas esta fin de semana para os máis pequenos da casa. Trátase do espectáculo de maxia e ilusionismo Conjuro, con Yunke, o sábado, ás 20:00 horas, no Auditorio Abanca; e o teatro para bebés Chíos, con Teatro da Semente, o domingo na Zona C de Bonaval, en dúas funcións: 12:30 e 17.00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde cualifica de "día importante para Santiago e para Galicia" o do inicio da ampliación da autoestrada AP-9
O alcalde de Santiago asistiu ao acto de inicio das obras de ampliación da capacidade da AP-9 (tramo Santiago norte-Santiago sur e remodelación do enlace de Sigüeiro), presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor, e polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Comezada esta actuación, Agustín Hernández, amosouse convencido de que a ministra "fará o posible para axilizar os trámites e coordinar estas actuacións en marcha coas xa planificadas, en referencia ao enlace orbital desta autoestrada coa A-54 e...