FACENDA
María Rozas reúnse coa banca ética Fiare para valorar fórmulas de colaboración
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, mantivo unha xuntanza coa entidade financeira Fiare GZ, unha cooperativa asociada ao banco Popolare italiano que lle presentou os servizos que prestan.
ALCALDÍA
Minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia machista
A Praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron tres vítimas no Estado nas últimas horas.
IGUALDADE
A praza do Obradoiro encherase o venres de pegadas en prol da igualdade
A praza do Obradoiro será escenario, o próximo venres, dunha acción creativa que quere ser unha chamada de atención sobre a necesidade de camiñar cara unha sociedade máis igualitaria. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, invitou hoxe á veciñanza a sumarse a este proxecto, que o Concello pón en marcha en colaboración co colectivo Abrollarela.
EDUCACIÓN
A obra Ícaro, premio internacional "Compostela" de álbums ilustrados, formará parte da prestixiosa lista The White Ravens
Trátase dunha selección elaborada pola Biblioteca Xuvenil Internacional de Múnich que recolle os mellores títulos da literatura infantil e xuvenil e que será presentada na Feira Internacional do Libro de Franckfurt. Ícaro tamén foi elixida pola Organización Española do Libro infantil e xuvenil para formar parte da Lista de Honra da IBBY.
EDUCACIÓN
Manuel Dios debate con 30 expertos en educación o Plan Educativo de Cidade que elaborará para Santiago
O concelleiro de Educación expúxolles o documento base a partir do cal os axentes educativos achegarán proposta. O Proxecto Educativo de Cidade (PECi) estará rematado este mes de xuño e servirá de guía para toda a lexislatura
TURISMO
Os concellos de Santiago e A Coruña volven reunirse na capital para pechar fórmulas de coordinación aeroportuaria
A concelleira de Turismo, Marta Lois, celebrou unha segunda xuntanza co seu homólogo na cidade herculina, Alberto Lema.
FACENDA
María Rozas volve reunirse con Paco Reyes para tratar as ordenanzas fiscais
Trátase da segunda xuntanza sobre este asunto. A concelleira continúa as conversas cos voceiros da oposición.