SEGURIDADE E MOBILIDADE
Os voluntarios de Protección Civil seguen colaborando activamente na boa marcha das actividades das Festas do Apóstolo
Un ano máis, os voluntarios de Protección Civil de Santiago están colaborando nas diversas actividades das Festas do Apóstolo. Así o fixeron nos Fogos, na Ofrenda ou nos concertos da praza Quintana.
FESTAS
La banda del camión e Riff Raff en concerto dentro do programa de Festas do Apóstolo
Na xornada do martes 29, no programa de Festas do Apóstolo, a variedade está servida con dous grupos galegos: La Banda del Camión e Riff Raff. Co primeiro gozaremos do rock&roll ao máis puro estilo, interpretando en clave de humor e de xeito moi interactivo co público os seus retrousos pegadizos e, no caso de Riff Raff, sorprenderannos as súas versións de temas de AC/DC. O concerto comezará ás 22:00 horas na praza da Quintana e a entrada é libre ata completar o aforo.
ALCALDÍA
O Concello recibe 227.000 euros da Deputación para o Plan de Competitividade Turística e o Festival Curtocircuíto
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinaron dous acordos polos que a capital galega recibirá 227.000 euros, destinados ao Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto e ao Plan de Competitividade Turística. O rexedor agradeceu o "compromiso" da institución provincial con Santiago, que se concreta neste acordos e noutros que se asinarán proximamente, como o que permitirá a construción dun novo campo de herba artificial en...
ALCALDÍA
Agustín Hernández convidou os padroneses a vivir o seu día nas Festas do Apóstolo
Como cada ano por estas datas, as Festas do Apóstolo dedican unha xornada á Padrón, tradición que tamén se repite á inversa nas festas de Pascua da vila veciña. Foi ocasión para lembrar os lazos históricos que unen a Santiago e a Padrón e para renovar os compromisos de colaboración en diversas materias.
PATRIMONIO
A Volta a España, con chegada en Santiago, terá o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade entre os seus patrocinadores
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España e a Volta a España asinaron en Alcalá de Henares un convenio polo que a entidade que reúne as 15 cidades españolas inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO se convirte en Patrocinador Oficial da Volta nas súas edicións de 2014 e 2015. A edición deste ano rematará en Santiago de Compostela o 14 de setembro cunha etapa contra o reloxo polas rúas da cidade.