CENTROS SOCIOCULTURAIS
A exposición itinerante "Con outra mirada" chega a Santiago de Compostela
O Centro Sociocultural de Santa Marta acollerá ata o 18 de xaneiro a exposición itinerante Con outra mirada, que organiza FEAPS co obxectivo de mostrar a evolución dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual a través da historia, así como os retos e dereitos que aínda quedan por conseguir.
EDUCACIÓN
O CEIP Apóstolo Santiago contará cun novo comedor de maior capacidade
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visitou o CEIP Apóstolo Santiago xunto co arquitecto da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Educación da Coruña, co fin de abordar as obras previstas no centro. Así, vaise acondicionar un espazo no edificio anexo para empregalo como comedor escolar, substituíndo ao actual espazo, que quedou pequeno ante a demanda existente.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal aposta pola sustentabilidade e as novas tecnoloxías en prol dunha xestión máis eficiente
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a creación dunha Comisión Municipal de Sustentabilidade e Sociedade da Información. Ademais, deuse o visto bo á adhesión do Concello de Santiago ao Pacto dos Alcaldes, unha iniciativa da Comisión Europea para fomentar a aplicación de políticas de enerxía sustentable.
CULTURA
Oito novos espectáculos de Falabaratos nos primeiros meses do 2013
Falabaratos (monólogos, contos e outros shows) foi unha das novidades na programación da cidade no 2012. Neste ciclo as palabras convértense en humor e a ironía e o bo facer dos monologuistas, contadores de contos e protagonistas doutros tipos de shows materialízase en espectáculos de primeira fila a procura dun espectador disposto a pasalo ben. O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o programa do ciclo para os meses de xaneiro a maio no que contaremos con Dani Mateo, Federico Pérez,...
URBANISMO E BARRIOS
Comezan as obras de reurbanización da rúa Virxe Branca (O Castiñeiriño)
Veñen de comezar as obras de reurbanización da rúa Virxe Branca, situada entre os SUNP 11 e 12, no Castiñeiriño. A obra, executada cun orzamento procedente de remanentes, ten un prazo de execución de tres meses.