CONSORCIO
Santiago será a sede do Centro Estatal de Formación en Rehabilitación
O Centro Estatal de Formación en Rehabilitación da Fundación Laboral da Construción terá a súa sede en Santiago de Compostela, cidade exemplo de boas prácticas no ámbito da conservación do patrimonio.
CULTURA
A danza e a música, protagonistas da programación cultural de marzo
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron a programación cultural do mes de marzo, na que destacan o programa de abono do Auditorio, Ana Moura en Sons da Diversidade e dous espectáculos de SCQ Danza.
COMERCIO
Presentadas as bases para a selección dos comercios distinguidos na Homenaxe ao Comercio Compostelán 2011
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou en rolda de prensa as bases que rexerán a selección dos comercios homenaxeados na recepción que se celebrará o día 8 de abril no pazo de Raxoi. O obxectivo principal desta distinción é recoñecer o labor dos comercios homenaxeados, a súa traxectoria ao servizo da clientela e a achega realizada ao sector comercial, un dos motores da economía compostelá, así como a dinamización e a...
ALCALDÍA
O paso inferior do Hórreo entrará en servizo en maio e a alta velocidade ferroviaria chegará a finais deste ano 2011
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao ministro de Fomento, José Blanco nunha visita ás obras de construción dos accesos a Santiago na Liña de Alta Velocidade Ourense-Santiago e ás do túnel do Hórreo.