COMERCIO
O comercio de Santiago celebra as súas primeiras Noites Abertas cunha viaxe a Eurodisney e moitos premios máis
A Concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, dirixida por Reyes Leis, organiza por primeira vez as Noites Abertas do comercio compostelán, que se integran dentro do programa municipal de actividades para Nadal e que contan coa colaboración das asociacións comercias da cidade, Acotés, Compostela Monumental e Santiago Centro.
EDUCACIÓN
Un debuxo sobre os Reis Magos na pista de xeo será a imaxe do cartel do Nadal 2011
O xurado emitiu o seu veredicto e xa se coñece o debuxo que ilustrará o cartel do Nadal 2011. Será unha ilustración realizada por unha rapaza de 11 anos, Carmen Sánchez, que amosa os Reis Magos rodeados de nenos na pista de xeo instalada na praza da Quintana.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras de restauración da Casa do Cabido
Logo de once meses de obras de rehabilitación, un mes antes do previsto, o edificio barroco coñecido como Casa do Cabido volve abrir as súas portas destinado a uso público. O seu primeiro uso logo da súa restauración, será unha exposición que recreará a Compostela de 1211, ano da consagración da Catedral.
PARQUES E XARDÍNS
Unha nova zona verde para revitalizar o Ensanche compostelán
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, visitaron a nova zona verde creada na rúa de Santo Domingo de la Calzada (costa das Camelias), que vén a substituír a cascada existente. Esta área axardinada nace co obxectivo de revitalizar e humanizar o Ensanche.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Dermalar, O Gato Cósmico e a xuíza Ana López-Suevos reciben os Premios Manuel Beiras polo uso do galego na súa actividade
O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela entregaron os galardóns da décimo segunda edición dos Premios Manuel Beiras. No acto e recepción estiveron presentes o concelleiro de Normalización Lingüística, Ángel Currás; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; e o vicepresidente da entidade cameral e presidente do xurado dos premios, Evaristo Rodríguez Carracedo; entre outras personalidades do mundo político, empresarial e cultural de Compostela.
CULTURA
Teatro do Noroeste representa "Último cowboy" no Teatro Principal
Teatro do Noroeste representa o venres 16 e o sábado 17, a partir das 21:00 horas, Último cowboy no Teatro Principal. Dirixida por Eduardo Alonso, enmárcase dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e está protagonizada por Miguel Pernas e Luma Gómez. Os prezos das entradas que están xa á venda na web de Novagalicia Banco e que poden mercarse na billeteira os días de función son de 7 euros en patio de butacas, platea e primeira planta; 5 euros en 2ª planta; e 3 euros no anfiteatro.
MOBILIDADE
Conxeladas as tarifas dos aparcadoiros xestionados por TUSSA
O Consello de Administración de TUSSA, presidido polo concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez Aldrey, os orzamentos da Sociedade para 2012 e acordou a conxelación das tarifas dos aparcadoiros xestionados pola mesma.