CIRCULACIÓN VIARIA
O Concello implanta un novo sistema de xestión de accidentes e atestados para reducir a sinistralidade viaria urbana
O Concello de Santiago vén de iniciar un cobizoso proxecto que ten por obxectivo reducir a accidentalidade viaria urbana. A concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, presentou as principais liñas deste traballo que pasan pola incorporación dunha nova ferramenta informática que reducirá a carga administrativa e mellorará a análise das causas dos accidentes, e pola incorporación á paxina web municipal da figura do e-atestado.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba os proxectos de reparcelación de Formarís e Costa Vella
A Xunta de Goberno aprobou definitivamente os proxectos de reparcelación dos solos industriais SUNP-37.3 de Costa Vella e SUNP-38 de Formarís, ademais do proxecto de expropiación do viario de acceso aos mesmos e a FINSA dende a estrada N-550.
PLENO
O debate sobre o estado do Concello poderá seguirse a través desta web
Mañá mércores, 15 de decembro, ás 10:00 horas, terá lugar o debate sobre o estado do Concello. Os cidadáns que o desexen poderán seguir este Pleno extraordinario a través desta web. Accederase á imaxe e son deste Pleno grazas a un enlace visible na portada da páxina.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Aberta a inscrición para o "Nadal en galego"
Xa está aberto o prazo de inscrición para o Nadal en galego, unha proposta da Concellaría de Normalización Lingüística para incentivar o consumo responsable e a reciclaxe.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá organiza unha nova visita á Cidade da Cultura
Consciente de que o mellor xeito de por en valor a Cidade da Cultura é dala a coñecer, a Concellería de Participación Cidadá, como espazo de lecer e participación, está a organizar visitas guiadas a este complexo. A seguinte será o sábado 18 de decembro, ás 12:00 horas.
COMERCIO
A Concellería de Promoción Económica impulsa unha nova campaña de promoción e defensa do pequeno comercio
A Concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo promove una nova campaña publicitaria para apoiar e defender o pequeno comercio coa mensaxe "Pequenos detalles que fan grande o pequeno comercio".
CULTURA
Galitoon chega ao Teatro Principal con "Basilio, o meu amigo imaxinario"
A compañía de monicreques Galitoon chega ao Teatro Principal co seu espectáculo para toda a familia Basilio, o meu amigo imaxinario os días 22 e 30 de decembro. Trátase dunha montaxe de gran formato na que se mesturan marionetas con personaxes de carne e óso que van vivir intensas aventuras. Haberá dobre sesión cada día: ás 17:30 e ás 19:30 horas.