CONSORCIO
As obras da nova sede do Museo de Historia Natural entran na fase final
En outubro de 2009 colocábase a primeira pedra da nova sede do Museo de Historia Natural "Luís Iglesias", edificio deseñado polo arquitecto César Portela e que compartirá espazo, no interior da Finca de Vista Alegre, con outros equipamentos culturais e universitarios como a Casa de Europa, a Escola de Altos Estudos Musicais, o Centro de Estudos Avanzados e o edificio da Sociedade Xeral de Autores. Agora, entrados xa na fase final, estímase que as obras de construción rematen no primeiro trimestre do próximo ano. O alcalde...
CULTURA
O VIII Foro Academia Aberta afondará na necesidade de potenciar a creatividade en tempos de crise
A Academia Galega do Audiovisual presentou o Foro Academia Aberta Creatividade na crise. Adaptarse ou desaparecer, que se desenvolverá no marco do Festival Cineuropa 2010. Nesta oitava edición, o Foro afondará no problema da crise económica estrutural e en como potenciar as dificultades para convertelas en oportunidades de éxito apoiándose, sobre todo, na creatividade e na innovación. O evento, que está coordinado polo Académico Manolo González, terá lugar dende o 16 ao 18 de novembro na sede da...
ALCALDÍA
O Premio Nobel Samuel Ting pecha as visitas da quinta edición do Programa ConCiencia
A dez días da presenza en Santiago do naturalista e divulgador británico David Attenborough para recoller o III Premio Fonseca, o Programa ConCiencia recibiu a visita do Premio Nobel de Física en 1976, Samuel Chao Chung Ting. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiuno en Raxoi, onde o científico asinou no Libro de Honra.
ALCALDÍA
As editoriais universitarias españolas abordan en Santiago os seus desafíos nos novos espazos académicos
A Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE), integrada por 62 editoriais e servizos de publicacións das universidades e centros de investigación españois, celebra na Facultade de Medicina a súa XXIX Asemblea Xeral do 11 ao 13 de novembro. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu os participantes neste encontro.