BENESTAR SOCIAL
Novos e maiores, unidos nunha nova iniciativa de intercambio interxeracional
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, deu a benvida a Santiago á Asociación Xuvenil "Aprende a escoitar", que vai a por en marcha en residencias da terceira idade a iniciativa "Divertindo os maiores". Grazas á mesma, realizaranse actividades lúdicas e formativas, adaptándoas ás necesidades de cada persoa ou grupo e fomentando o intercambio interxeracional.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente oferta visitas guiadas polos parques e ríos de Compostela
A Concellaría do Medio Ambiente de Santiago desenvolve por terceiro ano consecutivo o programa de visitas guiadas polos parques e ríos de Compostela, xa iniciado na primavera e que agora continua no outono. A oferta de visitas tense deseñado co obxectivo de pór en valor os espazos naturais de Santiago e están destinadas tanto o alumnado dos centros de ensino como a calquera grupo de persoas interesado nunha visita guiada.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a científica Ada Yonath, Nobel de Química en 2009
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a científica israelita Ada Yonath, Nobel de Química en 2009, que está en Compostela para participar nos actos do Programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a USC.
BENESTAR SOCIAL
Reunión da Rede Municipalista Solidaria
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, asistirá o martes 26 de outubro, ás 11:00 horas, á reunión da Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación que se celebrará na Casa das Asociacións de Benestar Social de Salgueiriños.