OBRAS E CIRCULACIÓN VIARIA
As obras de pilotaxe no túnel do Hórreo obrigan a deixar só dous carrís
Por mor do comezo das obras de pilotaxe do túnel do Hórreo, este vieiro pasará a ter unicamente dous carrís, un de subida e outro de baixada. Esta situación de dobre carril estenderase xa ata o remate das obras.
EDUCACIÓN
O Concello convida aos cidadáns a descubrir o Centro de Interpretación do Medio Rural
Coa posta en marcha do Centro de Interpretación do Medio Rural de Portela, na parroquia de Figueiras, o Concello quere invitar a todos os cidadáns de Compostela como dos arredores, a coñecer esta nova instalación. Por iso, a Concellería de Educación preparou un amplo programa de actividades para os meses de agosto e setembro.
CULTURA
O COAG participa no Festival dos Abrazos cunha intervención sobre o diálogo entre a xente e a arquitectura da cidade
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia contribúe á segunda edición do Festival dos Abrazos cunha instalación de arquitectura efémera que reflexiona sobre o papel desta mostra artística intercultural e multidisciplinar como correctora e potenciadora das cualidades do cotián, do existente. Pode visitarse ao longo de todo o mes de agosto de 2009 en Xoán XIII, nos soportais da praza da Quintana onde se atopa a propia sede do Colexio e máis na Estación de Autobuses de Compostela.