PROMOCIÓN ECONÓMICA
Última semana para solicitar axudas para a creación e consolidación de novas empresas en Santiago
O 31 de xullo remata o prazo para presentarse ás convocatorias de Axudas para a creación de novas empresas e Concurso de novas ideas empresariais, do programa de fomento do emprendemento Compostela Activa 2009, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa, ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
FESTAS
Uns 200 figurantes desfilarán pola Ferradura para conmemorar o centenario da Exposición Rexional de 1909
A xornada grande das Festas do Apóstolo, o 25 de xullo, comezará coa tradicional Ofrenda ao Apóstolo Santiago na Catedral. Será ás dez da mañá. Xa pola tarde, celebrarase o desfile que conmemorará o centenario da Exposición Rexional de 1909.
FESTAS
Unha viaxe a través dos sentimentos encheu de cores e luces a praza do Obradoiro
Milleiros de persoas presenciaron un ano máis os Fogos do Apóstolo dende a praza do Obradoiro e diversos puntos da cidade. O asistiu ao singular espectáculo ideado por Parente Fireworks, unha viaxe multimedia a través dos sentimentos do home na que a as cores, a música e a pirotecnia se fundiron harmonicamente.