EDUCACIÓN
Unha mostra invita aos máis novos a coñecer a Chaplin dende distintos puntos de vista
A igrexa da Universidade acolle ata o 30 de agosto a exposición Chaplin en imaxes, que ofrece unha visión global da obra do xenial artista dende varios puntos de vista. Ao redor desta mostra realizaranse varios talleres didácticos para nenos promovidos pola Concellería de Educación en colaboración coa Universidade de Santiago e a Fundación "la Caixa".
ALCALDÍA
O alcalde non dará por boas "solucións que impliquen un enorme paso atrás" sobre as liñas de baixo custo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, referiuse na súa rolda de prensa semanal ás informacións sobre o reparto de fondos que a Xunta prevé realizar para a promoción das liñas de baixo custo nos aeroportos galegos. Así, manifestou que "non poderemos dar por boas solucións que impliquen un enorme paso atrás".
EDUCACIÓN
Continúan as actividades da Escola Municipal de Verán de Inglés
Ata o 31 de xullo continúa aberta a Escola de Verán de Inglés no IES Rosalía de Castro. Dentro das diversas actividades que se realizan no marco deste programa, un grupo de alumnos realizou unha visita ao Concello.
FESTAS
As Festas do Apóstolo comezan co pregón do humorista galego Rober Bodegas
As Festas do Apóstolo comezan o venres 17 coa lectura do pregón, que correrá a cargo do humorista galego Rober Bodegas. É coñecido pola súa participación no programa de TVE El Rey de la Comedia, e actualmente colabora no magacine de La Sexta Sé lo que hicisteis...