CULTURA
Abe Rábade Trío no Ciclo de Concertos Didácticos do Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia presenta a Abe Rábade Trío nun programa didáctico dedicado ao jazz os días 17 e 18 de febreiro, ás 11:00 h na sala Ángel Brage.
ALCALDÍA
Constituída a comisión que preparará a presenza de Santiago na Expo de Shanghai
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia formalizaron no Pazo de Raxoi a constitución da Comisión Especial de Cooperación para apoiar a participación de Santiago de Compostela na Exposición Universal de Shanghai que se celebrará en 2010, acto que estivo presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu.
ALCALDÍA
O Concello cede á Xunta unha parcela na Choupana para a construción da nova Escola Oficial de Idiomas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro no Pazo de Raxoi coa conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, ao que tamén asistiron o secretario xeral da Consellería de Educación, Benito Fernández; a subdirectora xeral de construcións e equipamento, Paz Filloy; e a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez.
MEDIO AMBIENTE
A Concellaría de Medio Ambiente e Adega traen a Compostela unha exposición sobre o lobo
A concelleira dE Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, inaugurará o martes 17, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite, a exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia". Esta mostra chega a Compostela da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, (Adega); o grupo ecoloxista ERVA e a Asociación de Amizade das Artes Galego-Portuguesa (AAAGP), e pretende ser un alegato pola conservación do lobo ibérico e os seus hábitats.
EMPREGO
Os Programas de Cooperación solicitados polo Concello contemplan insertar laboralmente a máis de 200 persoas
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo enviou á Consellería de Traballo a solicitude de subvención para desenvolver 27 Programas de Cooperación que contemplan insertar laboralmente a 202 persoas. O obxectivo destes programas é contratar a persoas desempregadas para que, a través do desenvolvemento de obras e servizos de interese para a comunidade, incrementen a súa formación e a súa práctica profesional, mellorando así as súas expectativas de reinserción.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade en Xapón
Turismo de Santiago promocionou a cidade en Xapón entre o 4 e o 7 de febreiro, nunha actividade na que participou Christina Oiticica, muller do escritor Paulo Coelho. A artista brasileira intenta retratar a través do seu traballo, de maneira simple e directa, o mundo, o presente e a sociedade actual. A súa obra está moi influída pola súa peregrinación a Santiago de Compostela, que fixo en xullo e agosto do 1990. Dende entón ten feito múltiples exposicións sobre o Camiño.