ALCALDÍA
O Concello potenciará a obra pública en 2009 para combater o paro e fomentar a actividade económica
Na súa primeira rolda de prensa de 2009, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo un repaso das principais obras que se desenvolverán na cidade ao longo deste ano. Segundo indicou, a actuación municipal neste campo pretende potenciar sobre todo a obra pública para combater o paro e fomentar a actividade económica"
ALCALDÍA
O concello cederá un terreo a FEAFES Galicia para a construción dun centro de atención integral aos enfermos mentais
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá en Raxoi ao presidente da Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES Galicia), Xosé Ramón Girón García. Nesta xuntanza, a Federación plantexou a súa intención de construír en Santiago un centro de atención integral a este tipo de enfermos que de servizo a toda Galicia. O alcalde comprometeuse a buscar e ceder un terreo para este centro.
EDUCACIÓN
O Eixo Atlántico aposta polas cidades educadoras
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presidiu esta mañá a xuntanza da Comisión de Desenvolvemento Social do Eixo Atlántico, celebrada no Auditorio de Galicia. Na reunión, á que asistiron representantes das 34 cidades integradas nesta rede, presentouse o estudo "O Eixo Atlántico: un territorio educador, unha comunidade educadora", realizado polas universidades de Santiago, A Coruña, Minho e Tras-os-montes Alto Douro.
TURISMO
"Santiago Repetirás" trae á cidade a cociña do inverno en forma de menús e tapas
Santiago Repetirás comeza o 2009 enchendo a cidade de menús e tapas de cociña de inverno. Tras dedicar os meses de novembro e decembro á cociña do outono, 36 estabelecementos de hostalaría da cidade ofertan ata marzo menús ou tapas temáticos elaborados con produtos do inverno, prestando unha atención especial á cociña de culler, con cocidos, potaxes, callos...
EMPREGO
Máis de 900 persoas inscribíronse en 2008 na Plataforma de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica
Un total de 904 persoas inscribiuse en 2008 na base de datos da Bolsa de Emprego da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Neste momento hai introducidas na Plataforma de Intermediación Laboral 1.959 solicitudes, tanto de persoas desempregadas como de persoas que buscan mellorar as súas perspectivas laborais.
ALCALDÍA
As rúas Penamaría e Pilar Miró mudan a súa cara con novas beirarrúas e servizos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de remodelación das rúas Penamaría e Pilar Miro, en San Lázaro. O Concello investiu 326.961 euros nestas obras, que supuxeron a creación de novas beirarrúas e calzadas, o arranxo da rede de pluviais e a instalación de diverso mobiliario urbano.