CULTURA
Pluralidade de ritmos nunha nova edición de Sons da Diversidade
A Orchestra Baobab abre o sábado 31 de xaneiro unha nova edición de Sons da Diversidade. Esta viaxe polo mundo a través da música trae no primeiro semestre de 2009 un programa de seis variados concertos con intérpretes de diversas tradicións musicais.
ALCALDÍA
En maio estarán en marcha todas as obras financiadas polo fondo estatal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o Ministerio de Administracións Públicas (MAP) xa aprobou 27 das 33 obras presentadas polo Concello para o seu financiamento a cargo do fondo estatal de investimento público. Unha vez que se aproben os seis restantes proxectos, o Concello prevé licitar todas as obras ao longo do mes de marzo, co obxectivo de que todas estean en marcha no mes de maio.
ALCALDÍA
Os empresarios do transporte de viaxeiros por estrada reuníronse en Santiago
A Federación Española Empresarial de Transporte de Viaxeiros (ASINTRA) celebrou a súa Asemblea Xeral en Santiago. A esta reunión, celebrada no Hotel NH Obradoiro, asistiron os empresarios do sector do transporte de viaxeiros por estrada e representantes das administracións central e autonómica.
DEPORTES
A Agrupación Deportiva Salesianos fíxose co Premio Especial Deporte e Vida
A Agrupación Deportiva Salesianos Don Bosco foi galardoada co Premio Especial Deporte e Vida por ser a entidade que, no primeiro ano do desenvolvemento do Plan Integral Deporte e Vida, destacou na aplicación conxunta da saúde, a educación, o benestar social e a non violencia na formación dos seus deportistas a través do deporte. A entidade recibiu o premio no transcurso da Gala do Deporte Compostelán, presidida polo alcalde e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, e que contou con Caixanova...