ALCALDÍA
Un documento de traballo determinará en xullo os dispositivos para garantir a seguridade do Xacobeo
Constituíuse en Raxoi a Comisión de cooperación para a xestión e desenvolvemento do Ano Santo 2010, baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu. Esta Comisión encargarase de coordinar todo o relativo ao mantemento da seguridade e á atención aos milleiros de visitantes que terá a cidade.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello inicia as obras de emerxencia motivadas polo temporal en Xoán XXIII, Amio e varias instalacións deportivas
A Xunta de Goberno aprobou con carácter de urxencia a relación de obras de emerxencia ocasionadas polo temporal na noite do 23 e 24 de xaneiro. Procederase de inmediato á realización destas obras, cun custo avaliado inicialmente nuns 300.000 euros.
CONSORCIO
O Consorcio investirá máis de dous millóns de euros en intervencións na rúa do Home Santo e no Pazo de Bendaña
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, presidida en sesión ordinaria polo alcalde e presidente da entidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou, entre outros acordos, intervencións na rúa do Home Santo e no Pazo de Bendaña. Estas dúas obras supoñen un investimento de 2.125.569 euros.