ALCALDÍA
O Concello colaborará economicamente na recuperación do barrio de Santa Lucía, en Santiago de los Caballeros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza coa directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, e cos membros da ONG Asemblea de Cooperación pola Paz. No encontro concretáronse os termos nos que o Concello colaborará no proxecto integral de recuperación do barrio de Santa Lucía, en Santiago de los Caballeros (República Dominicana).
XUVENTUDE
O Ciclo Importa trae a Santiago á banda de culto Tindersticks
O Ciclo Importa, organizado pola Concellería de Xuventude e Sweet Nocturna abre o calendario de concertos de 2009 coa banda Tindersticks. Este recoñecido grupo chegará a Santiago o 11 de febreiro, cun concerto na Sala Capitol ás 20:30 horas.
BENESTAR SOCIAL
Santiago participa no concurso interxeracional "Tes unha historia que contar"
O Concello de Santiago, a través da Concellería de Benestar Social, participa xunto con outros 29 concellos, 27 universidades e as 17 comunidades autónomas no Concurso interxeracional Tes unha historia que contar. Mozos e maiores poden participar neste certame, que pretende contribuír a conservar a nosa memoria histórica.
DEPORTES
Once clubs optan aos Premios Deporte e Vida
A Fundación Compostela Deporte acolleu a presentación dos seleccionados para os Premios Deporte e Vida, enmarcados dentro do Plan Integral Deporte e Vida (PIDEVI), aos que optan once clubs e que se entregarán na Gala do Deporte Compostelán o 30 de xaneiro, no Hotel Puerta del Camino, ás 21:30 horas. Estes galardóns contan cunha dotación orzamentaria de 30.000 euros.
EMPREGO
O Servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego de Promoción Económica atendeu 10.713 consultas en 2008
O Servizo de atención ao público da Bolsa de Emprego da Concellaría de Promoción Económica e Emprego atendeu 10.713 consultas no ano 2008. 6.879 peticións de información (o 64,2%), realizáronas mulleres. 5.562 consultas rexistráronse nas oficinas de Promoción Económica situadas na rúa do Hórreo, 100. As outras 5.151 peticións de información atendéronse a través do teléfono 981 568 752.
ALCALDÍA
O Consorcio convocará un concurso para redactar o Plan Especial da Rocha Forte
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos representantes da asociación cultural Rocha Forte para tratar temas relativos ao castelo da Rocha Forte e o seu contorno. O Consorcio da Cidade está a elaborar o prego de condicións para o concurso público para a redacción do Plan Especial da Rocha Forte previsto no PXOM.