TURISMO
Lavacolla renova a rota con Dublín
Tras o éxito do lanzamento en 2007 da rota entre Santiago e Dublín (Irlanda), a compañía Air Lingus recupéraa para o período comprendido entre abril e outubro. Será con dúas frecuencias semanais, os martes e os sábados.
EDUCACIÓN
Comezan os concertos didácticos de música tradicional nos centros de ensino
O mércores 2 de abril comeza o ciclo de concertos didácticos de música tradicional. Desenvolveranse ao longo do mes de abril nos centros de Ensino de Compostela.
CULTURA
O Centro de Estudos Composteláns Ánxel Casal definirá o acervo cultural e histórico da cidade
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou o proxecto de rehabilitación do Centro de Estudos Composteláns Ánxel Casal e os seus futuros contidos. Definiuno como "un centro activo de estudo e divulgación da historia local, de recuperación da memoria e de proxección exterior de Compostela".
CONSORCIO
Concello e Consorcio executarán un sistema unificado e permanente de mantemento do pavimento na zona histórica
A Comisión Executiva do Consorcio aprobou a creación dun sistema de conservación do pavimento da zona histórica en colaboración co Concello. Este novo modo de conservación permanente substituirá ao actual, baseado en proxectos para determinadas rúas onde se detectaba o deterioro. A actuación sobre o enlousado refórzase tamén coa posta en marcha do programa de formación "A pedra que pisas".
ALCALDÍA
O alcalde departe cos veciños de Rocha Vella para coñecer as necesidades do barrio
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión co presidente da Asociación de Veciños "Serafín Zas" de Rocha Vella, Serafín Seoane, xunto a outros representantes veciñais e varios concelleiros.