EDUCACIÓN
O Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados consolídase tras o éxito da primeira edición
O Concello e a Editorial Kalandraka convocan o II Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados. Tras o éxito da primeira edición, á que se presentaron máis de 300 traballos, o galardón aspira a consolidarse como unha referencia no panorama mundial deste tipo de representación artística e literaria.
CONSUMO
A OMIC e Sanidade apostan por un consumo responsable e seguro nas festas do Nadal
O concelleiro de Sanidade e Consumo, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa a campaña de Nadal dirixida a todos os composteláns para conciencialos dun consumo responsable e seguro nestas datas. Para informar a todos os cidadáns editouse unha guía sobre o xoguete seguro e o consumo responsable.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as tarifas dos aparcadoiros públicos para 2009
O Goberno local deu o visto bo ás novas tarifas para os aparcadoiros públicos, segundo a proposta aprobada no seu día polo Consello de Administración de TUSSA. Entre outros asuntos, a Xunta de Goberno aprobou tamén o convenio para o financiamento dos gastos derivados do incremento do cadro de persoal do Parque de Bombeiros, asinado entre o Concello e a Deputación Provincial da Coruña.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Servizo de Asesoramento ao Emprendemento atendeu a 343 persoas en 2008
O Servizo de Asesoramento ao Emprendemento da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo atendeu en 2008 a 343 persoas. A maioría, concretamente 201 (o 58,6% do total) son mulleres.
PLENO
Visto bo do Pleno á prohibición da venda de alcohol pola noite
Cos votos favorables do Grupo de Goberno e a abstención do PP, foi aprobada polo Pleno a modificación da Ordenanza de Convivencia, Residuos e Limpeza Viaria. A modificación consiste na inclusión de novos puntos que farán posible a partir de finais de marzo a prohibición da venda de alcohol para consumo na vía pública de 22:00 a 8:00 horas.
ALCALDÍA
Un espazo para o lecer no Ensanche neste tempo de Nadal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a carpa de Nadal que a Fundación Santiago Centro instalou na Praza Roxa.
DEPORTES
Andrés Fariña: "É difícil trasladar á conciencia de todos as dificultades que pasan outros semellantes"
A Fundación Compostela Deporte acolleu a presentación do Torneo Solidario, enmarcado dentro da Campaña de Operación Quilo, organizada polo Centro Don Bosco, o CD Belvís e o CD Bosco, e que conta coa colaboración do Concello de Santiago e da Fundación. A Campaña ten a finalidade de axudar ás familias compostelás con necesidades básicas e colaborar cun proxecto de alfabetización en Angola. O concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, subliñou a importancia...