NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello promove o uso do galego tamén no Nadal
A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, presentou no Pazo de Raxoi unha nova edición das campañas Carta aos Reis Magos e Para vivir un Nadal en galego, dirixidas a promover o uso do galego nos centros educativos e nos comercios.
SANIDADE
O Concello e FEBE renovan o convenio para promover un consumo responsable de bebidas con alcohol
Un renovado acordo entre o Concello e a Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE) permitirá realizar diversas iniciativas encamiñadas a promover a responsabilidade e a moderación no consumo de bebidas con contido alcohólico. O convenio asinárono en Raxoi o concelleiro de Sanidade, Xosé Baqueiro, e o director executivo da FEBE, Jaime Gil-Robles.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Ordenanza de Convivencia e Limpeza prohibirá a venda de alcohol pola noite
Respondendo a un compromiso do alcalde manifestado no Foro polo Civismo, a Xunta de Goberno do 16 de decembro aprobou a modificación da Ordenanza de Convivencia, Residuos e Limpeza Viaria. Este cambio permitirá incluír un artigo no que se establece a prohibición da venda de alcohol para consumo na vía pública de 22:00 a 8:00 horas, recollendo tamén a posibilidade do decomiso desta mercancía.
ALCALDÍA
O alcalde agradece aos xubilados de 2008 o seu traballo a prol da cidade
A recepción e entrega de placas aos traballadores do Concello xubilados xa se ten convertido nunha cita tradicional das datas previas ao Nadal. Así sucedeu tamén este 2008, no que o alcalde agradeceu o seu traballo aos que deixaron de exercer as súas funcións.
ALCALDÍA
O profesor Juan Carlos Hermida recibe en Raxoi o I Premio Home Galego pola Igualdade
O Salón Nobre de Raxoi acolleu a entrega do I Premio Home Galego pola Igualdade. Juan Carlos Hermida Bouza, profesor do IES nº 1 de Riveira (A Coruña), recibiu o galardón nun acto presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CULTURA
Inaugúrase na Zona "C" a exposición "Artisticamente (in)correcto"
O xoves 17, ás 19:00 horas, na Zona "C", inaugurarase a exposición Artisticamente (in)correcto, de Amaya González. Trátase dun proxecto creado especificamente pola artista para este espazo.
TURISMO
Turismo de Santiago organiza unha cata da D.O. Ribeiro con Porco Celta
O sábado 20 de decembro, Turismo de Santiago organiza, dentro do programa Santiago Repetirás, unha cata de viños da D.O. Ribeiro maridados con embutidos de Porco Celta e un taller gastronómico para nenos. Ambas actividades desenvolveranse no Parador Hostal dos Reis Católicos, ás 18:00 horas.
EMPREGO
O 40% dos participantes no Crear V están traballando e o 33% realizan prácticas en empresas
O 40% das persoas usuarias do Proxecto Crear V accederon ao mercado laboral dende que a Concellaría de Promoción Económica e Emprego comezou a desenvolver o programa, o 15 de setembro Esta cifra de 30 persoas insertadas, 16 mulleres e 14 homes, é cinco puntos superior aos obxectivos fixados pola Xunta de Galicia ao remate do programa, de 26 participantes (o 35% do total). Está previsto que o programa, no que participan 75 persoas, remate o 31 de marzo do 2009.
CASCO HISTÓRICO
A Comisión Asesora do Casco Histórico dá o visto bo ás obras de ampliación e mellora no Pazo de Bendaña
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a Comisión Asesora do Casco Histórico que deu luz verde ás obras de mellora do Pazo de Bendaña. Tamén se aprobaron dúas intervencións na igrexa das Ánimas e na da Universidade. Estas tres obras serán acometidas polo Consorcio de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde fala sobre o futuro da cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo ofreceu unha conferencia no Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Santiago de Compostela.