EDUCACIÓN
Agasallos para os pequenos ilustradores do Nadal de Compostela
Os gañadores do Concurso de Carteis e do Programa de Nadal, organizado pola Concellería de Educación, recibiron os seus agasallos nun acto celebrado en Raxoi e presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Os nenos recibiron así os seus primeiros regalos do Nadal, como premio a uns traballos que ilustrarán o cartel e o programa desta festas.
CULTURA
As poesías galega e portuguesa únense nun singular acto teatral na Zona "C"
Coa palabra na lingua. Concerto en dúas linguas para dous actores e un músico é o título da primeira produción da nova compañía compostelá Teatro Nu. A estrea terá lugar na Zona "C" os días 11 e 12 de decembro, ás 21:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto ao Conservatorio de Santiago
Nunha iniciativa pioneira, a Real Filharmonía de Galicia ofrece o venres 12 un concerto dirixido aos alumnos e comunidade docente do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, así como aos seus familiares. O concerto terá lugar no Auditorio de Galicia e estará dirixido polo mestre titular, Antoni Ros Marbà. Contará coa participación do pianista Jorge Federico Osorio.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese con representantes veciñais para informalos sobre a entrada en vigor do PXOM
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro coa Asociación de Veciños do Rural que preside José María Juncal, para informalos da situación na que quedan os núcleos rurais de Santiago tras a aprobación definitiva do PXOM.