OBRAS
Melloras no alumeado en San Xoan de Fecha, Carballal e Cesar
A Xunta de Goberno local adxudicou diversas obras de mellora nas instalacións de alumeado público de San Xoan de Fecha (enlace entre a estrada xeral en Vilas e Ponte Vilar), Carballal e Cesar.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O 21 de maio remata o prazo para inscribirse na edición de primavera do Concurso de Escaparatismo
O 21 de maio remata o pRazo para inscribirse na edición de primavera do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2007. A Concellaría de Promoción Económica xa entregou as bases do certame aos aproximadamente 2.500 comercios que existen en Santiago. O concurso, que conta cun orzamento de 46.000 euros, consta de catro edicións anuais: primavera, verán, outono e Nadal.
EDUCACIÓN
A Escola Infantil do Polígono do Tambre estará rematada a principios de 2008
O Goberno local adxudicou á empresa OVIGA as obras da que será a cuarta escola infantil municipal de Compostela, no Polígono do Tambre. Este novo centro suporá un investimento de 517.420 euros e ten un prazo de execución de seis meses. Igualmente, adxudicouse a redacción do proxecto da quinta escola, en Tras Parlamento.
URBANISMO
O Concello asina un convenio para a obtención de solo no Campus Sur con destino ao Centro de Investigación Biomédica da USC
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e os propietarios Manuel Corzón Fajín (Promociones Manusán S.L) e Albino Munín (Construcciones La Rosaleda S.L) e José Pombo Seoane asinaron un convenio urbanístico para a obtención do sistema xeral de equipamento universitario EU-2. En virtude deste acordo, os propietarios ceden ao Concello tres parcelas, dun total de 10.846 metros cadrados, que posteriormente as cederá á Universidade.