BENESTAR SOCIAL
Aspas comeza a usar os pisos cedidos polo Concello para o programa de vida independente
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou, xunto coa concelleira de Benestar Social, UMAD e Muller, Adelaida Negreira, os dous pisos que o Concello de Santiago cede a Aspas (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual) para a posta en marcha do proxecto de vida independente.
EDUCACIÓN
Un total de 180 rapaces de 6 a 15 anos participará na Escola de Verán de Inglés
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presentou unha nova edición da Escola Municipal de Verán de Inglés, denominada English School "Good morning, kids". Preto de 180 rapaces de 6 a 15 anos participarán nesta iniciativa, grazas á cal poderán aprender inglés sen necesidade de saír ao extranxeiro.
ALCALDÍA
Un atleta de 68 anos percorre o Camiño de Santiago en seis días e dezaseis horas
Alfredo Uría Rodríguez, un atleta de 68 anos especialista en carreiras de gran resistencia, bateu a mellor marca do Camiño de Santiago, ao percorrer o traxecto dende Roncesvalles en seis días e dezaseis horas. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi e recoñeceu esta particular fazaña.
CULTURA
A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea presenta as súas dúas últimas obras: "Fuxir" e "Non me deixes nunca"
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou as dúas últimas obras publicadas da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, unha iniciativa do departamento municipal coa editorial Galaxia. No acto tamén estiveron presentes o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e o director literario da mesma, Carlos Lema.
CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Roteiro de Creación Contemporánea achega aos composteláns o traballo de 35 artistas
Por primeira vez en Galicia, o Roteiro de Creación Contemporánea, permitirá, durante as fins de semana do 12 e 13 e do 19 e 20 de maio, un circuíto aberto aos obradoiros de 35 artistas. Ademais, ofrecerá unha variada programación nos Centros SocioculturaIs e espazos expositivos da cidade, como exposicións colectivas, performances, danza, realización de murais e concertos en vivo.
SOLIDARIEDADE
Compostela uniuse á campaña de captación de fondos da Asociación Española contra o Cancro
A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) puxo en marcha un ano máis a súa tradicional Cuestación anual baixo o lema "Non permitas que o noso traballo se deteña". Con esta fin, situáronse en distintos puntos de Santiago mesas informativas e de recadación de fondos. A unha delas, no Aeroclub, acudiu o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira.
TURISMO
Van Morrison e Santiago de Compostela: unha máxica combinación
O touroperador oficial de Santiago, Compostur, ofrece un programa para gozar da cidade e do concerto de Van Morrison, o 19 de maio. O visitante pode acompañar o concerto, o único do irlandés en España, con visitas guiadas pola cidade.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Presentada a Rede de Cooperación Empresarial
O presidente da Agrupación de Desenvolvemento Compostela Social e concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou, na Aula de Cultura de Caixa Galicia, a Rede de Cooperación Empresarial. O seu obxectivo é fomentar o desenvolvemento de proxectos de cooperación empresarial que axuden ás iniciativas xurdidas ao abeiro do programa Equal Compostela Social a mellorar a súa competitividade e a manter unha posición sólida no mercado. Durante o acto repartiuse aos asistentes un directorio cos enderezos e...
DEPORTES
Santiago terá un circuito de karting
O Concello de Santiago e a Fundación Compostela Deporte asinaron un protocolo para a construción, poste en funcionamento e posterior xestión dun circuito de karting. Entre os seus destinos posibles, os terreos da Costa Vella onde no seu día se situou o vertedoiro, aínda que a ubicación non é todavía definitiva.