AUDITORIO
"Il Re Pastore", de Mozart, en maio no Auditorio de Galicia
En maio continúa a programación de abono da Real Filharmonía, coa cita ineludible da música de "Il Re Pastore", protagonista dun de los concertos estrela do Auditorio de Galicia. Ademais, o público compostelán poderá gozar este mes coas batutas de Jean Jacques Kantorow e de Frans Brüggen.
TURISMO
Compostela posiciónase para competir no cambiante escenario do turismo de congresos
Ao longo de 2006, Santiago acolleu 271 reunións, unha máis que en 2005, nas que participaron 57.489 persoas, un 17% máis que no ano precedente. Estes son algúns dos datos que ofrece o "Estudo sobre o turismo de reunións na cidade de Santiago (Ano 2006), presentado polo concelleiro de Turismo, Francisco Candela.
INFRAESTRUTURAS
Ponse en marcha o plan que levará auga e saneamento a todos os núcleos do rural en 2009
A actuación que en materia de saneamento e abastecemento de auga executará o Concello, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, nas parroquias do rural vén de experimentar un importante avance trala aprobación por parte da Xunta da primeira fase deste plan.
CULTURA
Terela Gradín presenta o seu primeiro disco no Teatro Principal
A cantante de jazz Terela Gradín presenta o sábado 14 de abril, ás 21:30 horas, no Teatro Principal, o seu primeiro disco "Lost". As entradas terán un prezo único de catro euros e poderán adquirirse alí mesmo o propio día do concerto en horario de 12:00 a 14:00 horas e dende as 18:00 horas ata o comezo do mesmo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica entregou os diplomas dos seus cursos
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, entregou os diplomas dos cursos de formación ocupacional do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional) e Experimentais impartidos pola Concellaría de Promoción Económica no ano 2006 e cofinanciados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Oitenta persoas, entre profesores e alumnos inscritos nas distintas actividades formativas asistiron ao acto celebrado no Salón Vermello do Pazo de Raxoi.