LINGUA
O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela coa lingua galega
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega a través dun percorrido de dúas horas por diferentes puntos da cidade. O primeiro paseo terá lugar o vindeiro 4 de maio e contará coa participación da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
DEPORTES
Santiago acolle esta fin de semana a segunda proba do Campionato de España e de Galicia de Enduro
Compostela acollerá a segunda proba do Campionato Nacional de Enduro. Do venres 26 ao domingo 28 de abril, os circuítos dispostos na contorna do Estadio Verónica Boquete acollerán á elite a nivel nacional deste deporte de resistencia e habilidade.
CAPITAL CULTURAL
Contraproducións leva ao Teatro Principal o humor corrosivo de Martin McDonagh en ‘Entrega en Man’
Cándido Pazó adapta e dirixe o texto orixinal do dramaturgo e cineasta irlandés nunha montaxe coas interpretacións de Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja e Diogo Sales. As entradas para o espectáculo están dispoñibles na páxina web de Compostela Cultura e no despacho de billetes da Zona C.
PLENO
O Pleno dá luz verde ao Regulamento do Consello Municipal de Igualdade e unha Declaración para impulsar o uso do galego
O Pleno Municipal acordou esta mañá de xeito unánime a aprobación inicial do Regulamento do Consello Municipal de Igualdade do Concello de Santiago que permitirá dotar de autonomía propia a este órgano, integrado ata o de agora a través dunha comisión sectorial no Consello de Familia, Benestar Social e Igualdade. A totalidade da Corporación municipal tamén apoiou dúas declaracións institucionais con motivo do Día das Letras Galegas e do Día Internacional do Lupus.
CAPITAL CULTURAL
Preto de mil persoas reuniranse en Compostela para cantaren xuntas Grândola, Vila Morena
Como parte das actividades en conmemoración do 50 aniversario da Revolução dos Cravos, o Auditorio de Galicia fixo un chamamento á cidadanía para participar nun canto popular desta composición de Zeca Afonso que se erixiu en himno da liberdade. A primeira interpretación pública de Grândola, Vila Morena tivo lugar en Compostela en 1972, nun concerto promovido polo estudantado da USC
DEPORTES
Santiago acolle este sábado a carreira nocturna SantYaGo10k
O vindeiro sábado día 27 de abril celebrarase na cidade a VIII carreira SantYaGo10K Cidades Patrimonio da Humanidade, unha importante proba atlética de 10.000 metros na que está previsto que participen arredor de 1.500 corredores. Está organizada polo Concello de Santiago e o Club de Atletismo Fontes do Sar, coa participación da Real Federación Española e Federación Galega de Atletismo. Durante o transcurso da proba, as rúas do percorrido estarán pechadas ao tráfico.
CONSORCIO
Preséntase "Compostela ilustrada" con motivo do Día do Libro
A publicación recolle unha mostra das ilustracións realizadas por máis de 70 artistas convidados ao Encontro Internacional Cadernos de Viaxe entre o 2016 e o 2023. Na presentación estivo presente Miguelanxo Prado, recoñecido ilustrador e historietista creador do evento, xunto con El Patito Editorial.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Reunida a Comisión de Seguimento do Plan Estratéxico da Ourivería
Este mediodía reuniuse a Comisión de Seguimento do Plan Estratéxico da Ourivería, presidida pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas. A xuntanza tiña como obxectivo avaliar o desenvolvemento do Plan Estratéxico e avanzar nalgúns proxectos que se prevé poñer en marcha ao longo deste ano. Tamén participou a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Miriam Louzao.
CAPITAL CULTURAL
A biblioteca municipal José Saramago inaugura a Colección SELIC de Libros Asinados
Na mañá de hoxe, 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro, presentouse no Centro Sociocultural de Fontiñas a nova Colección SELIC de Libros Asinados. No acto estiveron presentes, ademais de Camilo Franco, director do Festival da Lectura, dúas representantes da corporación municipal compostelá: Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural, e Xan Duro, concelleiro de Centros Socioculturais.
TURISMO
Compostela participa na feira do sector aéreo máis importante de Europa
A entidade municipal tamén participou a comezos de abril na III Xornada de Concetividade Aérea organizada por Turespaña e Aena.