ALCALDÍA

Inaugurado o FICRURAL coa lectura dun manifesto e co repique de campás da igrexa da Gracia

22/09/2019

Este domingo inaugurouse o FICRURAL 2019 no Centro Sociocultural da Gracia. Fíxose nun acto no que se deu lectura ao manifesto "A España baleirada" e se repenicaron as campás da igrexa ás 12:00 horas. Na inauguración participaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o deputado provincial de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, ademais doutros/as integrantes da Corporación.

Leer más

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo visita a concentración de coches antigos no Obradoiro

21/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou á IX Concentración de Coches Clásicos, organizada pola asociación de comerciantes Compostela Monumental e polo Automóbil Club de Galicia, coa colaboración do Concello de Santiago. No acto tamén estivo presente o portavoz do PP, Alejandro Sánchez-Brunete.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde destaca o labor de Agadea de apoio a enfermos/as de Alzheimer e as súas familias

21/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este sábado no Hotel San Francisco á gala conmemorativa do XXV aniversario da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer. O rexedor felicitou á presidenta de Agadea, Isabel Gey, polo labor social de apoio, información e axuda que a entidade ofrece ás familias e aos/ás enfermos/as; e destacou a importancia do novo centro de día que dentro duns meses abrirá en Salgueiriños.

Leer más

MEDIO RURAL E PROMOCIÓN ECONÓMICA

Todo listo para o inicio do FICRURAL 2019

20/09/2019

Conscientes da necesidade dun cambio de modelo de desenvolvemento, que poida reverter a situación de crise do rural, o Foro Internacional da Economía e Cultura Rural (FICRURAL 2019) nace co obxectivo de ser un foro de intercambio e divulgación de experiencias e casos de éxito para impulsar este novo modelo innovador e creativo para o rural. A cita, organizada polo Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, é do 22 ao 28 de setembro na Fundación Laboral da Construción e noutros espazos da cidade e do rural...

Leer más

EMPREGO

Santiago de Compostela acolle Talentia Summit 2019, o maior cume do talento e o emprego, do 21 ao 23 de outubro

20/09/2019

O luns 21 de outubro comeza Talentia Summit ’19, un gran encontro do talento e do emprego. Este evento pretende un referente a nivel galego respecto á xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego. A capital de Galicia acollerá preto dun centenar de empresas punteiras e personalidades de relevancia, como a ministra de Economía e Empresa en funcións, Nadia Calviño.

Leer más

ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto presenta a súa edición máis atrevida con 57 filmes a competición

19/09/2019

Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine celebrará entre os próximos 28 de setembro e 6 de outubro a súa 16ª edición, e faino mantendo a súa aposta por traer a Galicia grandes nomes ao lado de novas figuras do cinema e a cultura visual contemporáneas, nun programa sempre comprometido coa calidade artística, as últimas tendencias cinematográficas, a interdisciplinariedade e sempre mantendo ese carácter gamberro pero rigoroso. Ás proxeccións súmanselle tamén...

Leer más

XUNTANZA

Reunión da comisión de coordinación de Concello e USC para abordar a humanización do Campus

19/09/2019

Esta tarde reuniuse no Pazo de Raxoi a comisión de coordinación Concello-Universidade. No encontro participaron os concelleiros de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón; de Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e de Barrios e Obras, Javier Fernández. Por parte da USC estaba o xerente, Xabier Ferreira, e dous representantes universitarios.

Leer más
Compartir: