TURISMO

Turismo de Santiago colaborou na rodaxe de "El Peregrino" baseada na vida de Paulo Coelho

02/07/2013 Paulo Coelho asistiu á rodaxe das últimas tomas na Praza do Obradoiro, onde foi saudado polo alcalde compostelán, Ángel Currás, que o invitou a presenciar os Fogos do Apóstolo. Turismo de Santiago facilitou a planificación e rodaxe da productora en diferentes puntos da cidade.

Onte rematou na cidade a rodaxe da película "El peregrino", baseada na vida e obra do autor brasilero Paulo Coelho, quen asistiu ás últimas tomas que se filmaron na cidade. Turismo de Santiago colaborou durante meses coa producción hispano-brasileira na planificación e na xestión da rodaxe en Santiago a través da Santiago de Compostela Film Commision, servizo da empresa municipal para a promoción da cidade a través do audiovisual.

En concreto, as localizacións nas que se rodou na cidade foron: Avenida das Brugas, Sanatorio da Nosa Señora da Esperanza, Costa do Cristo, Praza do Obradoiro, Hostal dos Reis Católicos, Rúa do Vilar e Café Casino.

Está previsto que a película poda estrearse en Brasil a principios do próximo ano, mentras que todavía se descoñece a data de lanzamento en España. 'El Peregrino' é unha biografía autorizada do propio escritor brasileño. Para a súa documentación, a produtora e guionista Carolina Kotscho basouse nas entrevistas que lle fixo ela misma a Coelho ao longo de tres años.

Paulo Coelho é unha das persoas máis importantes na difusión do Camiño de Santiago nas últimas décadas. No ano 1986 fixo o Camiño de Santiago, unha experiencia que marcou a súa primeira novela "El Peregrino de Compostela (Diario de un Mago)", que publicou ao ano seguinte e que foi e continua sendo unha novela que atrae a milleiros de persoas ao Camiño de Santiago. En recoñecemento a súa labor de difusión do Camiño de Santiago e de Santiago, o Concello púxolle o seu nome a unha rúa en San Lázaro, na entrada do Camiño na cidade.

Dende Turismo de Santiago confíase que a película poda constituir un novo pulo para o mercado brasileiro, tal como significou para o mercado estadounidense a película "The Way", na que tamén se colaborou dende Turismo de Santiago.

Compartir: