DEPORTES

Os santiagueses reciben o Compos na praza do Obradoiro

02/07/2013 Os xogadores e o corpo técnico da SD Compostela foron recibidos por unha multitude de seareiros que quixeron celebrar co equipo o recén conseguido ascenso a segunda B. O alcalde e a corporación recibíronos no Pazo de Raxoi.

A SD Compostela volve a ser recibida por Ángel Currás no Pazo de Raxoi, desta vez co ascenso xa conseguido. O rexedor compostelán deu os parabéns á entidade e desexoulles que esta xeira de éxitos continúe ata que o Compos volva estar na máis alta categoría.

A continuación, os xogadore e o staff técnico sairon aos balcóns de Raxoi para disfrutar do recoñecemento do público e celebrar con eles o éxito acadado.

Compartir: