ALCALDÍA

A Real Filharmonía de Galicia encara unha nova temporada de abono co obxectivo ampliar o seu público

26/06/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o director da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel, un día antes da presentación da nova temporada de abono da formación, que incluirá 30 concertos.

Ángel Currás agradeceu a Paul Daniel o "traballo permanente e a proxección que xa está logrando coa Real Filharmonía de Galicia". Neste sentido, o director apuntou que "é un momento cultural importante para Santiago e para Galicia, e é o momento de chegar a máis xente".

Na reunión tamén participaron a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e o director técnico da RFG, Oriol Roch.

Compartir: