COMERCIO

Vinte e sete comercios participarán na Cidade da Cultura no desfile "Sensación-all Compostela 13. O teu comercio está de moda"

26/06/2013 A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, e de Francisco Pernas, director da asistencia técnica na celebración do desfile, presentaron o Desfile final dentro do programa de dinamización comercial promovido pola Concellaría: Sensación-all Compostela 13. O teu comercio está de moda. Será o sábado 29 de xuño, ás 20:30 horas, na Cidade da Cultura.

Nos últimos días estanse realizando nas tendas participantes os outfits, accións promocionais dos comercios participantes. Un fotógrafo profesional, un cámara, e dúas modelos profesionais, acompañadas de persoal da organización, acoden a cada un dos comercios participantes coa finalidade de promocionar as distintas prendas ou produtos que cada tenda ofrece e que se acompaña dun pequeno ágape que os comercios poderán ofrecer á clientela que asista.

Os participantes na categoría téxtil muller serán Simplemente Luna (Xeneral Pardiñas, 27), Friseé (Xeneral Pardiñas, 40), Ela Diz (Rúa Nova, 24), Allegra (Alfredo Brañas, 17), Charol (República Salvador, 14), Xanela da Danza (Rosalía de Castro, 51), El vestidor de Alicia (Rúa San Lázaro, 16), Kookai (Doutor Teixeiro, 20) e Yumana (San Pedro, 74). A cerimonia muller desfilarase polo comercio Allegra.

Na categoría téxtil home están inscritos Cultura Urbana (Fernando III O Santo, 1), Garisom (Rúa do Vilar, 11) e Valente Moda Hombre (Rosalía de Castro, 83-85). Tanto Garisom como Valente Moda Hombre tamén participarán a través da categoría cerimonia home.

En complementos desfilarán Como pez en el agua (San Pedro, 79), Opticalia (Xeneral Pardiñas, 11), Óptica Novalux (República Argentina, 9), El taller de Fer (San Pedro, 109) e Perfumería Dulce Calvo (Xeneral Pardiñas, 38).

En Xoiaría, Xoiería Jael (Xeneral Pardiñas, 7) e Katuxa Platero Joyas de Autor(Rúa do Vilar, 45). En Infantil, Teté Niños (Montero Ríos, 16), Lio Lio (Hórreo, 84), Pio Pio (Rosalía de Castro, 48) e Calzados Chiqui (Alfredo Brañas, 11).

Na categoría zapatería os participantes serán Cuplé (Alfredo Brañas, 14 ) e Calzados Seijas (República Argentina, 18). Finalmente, na categoría Deportes, Centro Deportivo (San Pedro de Mezonzo, 28) e Amancio Deportes (Rosalía de Castro, 38).

O desfile terá lugar o sábado 29 de xuño, ás 20:30 horas (apertura de portas ás 20:00 horas) no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

A entrada será con invitacións, que se distribuirán a través dos comercios participantes e do propio Concello. O aforo é limitado, cunha capacidade para 500 persoas. Prégase en todo caso confirmación de asistencia a través do teléfono 981 542 493 ou ben do correo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal.

Compartir: