COMERCIO

Grupo de traballo sobre aproveitamento de locais dentro do programa de dinamización económica do barrio de San Pedro

25/06/2013 O salón de actos do Museo do Pobo Galego acolleu o grupo de traballo participativo "Aproveitamento de locais como motor de dinamización local. Oportunidade de negocio", dentro do programa San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Locais comerciais libres: unha oportunidade, organizado pola Concellería de Comercio no marco do programa europeo Urbana Santiago Norte, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O obxectivo do Concello con estes grupos de traballo é contar coa colaboración dos diferentes colectivos para poder escoitar directamente as súas necesidades, traendo experiencias novidosas no aproveitamento de locais comerciais, traballando en grupo para ver como se poden poñer en consonancia os intereses de todas as persoas participantes, co obxectivo de revitalizar os barrios.

Tras estes grupos de traballo e as conferencias xa realizadas, a última acción do programa será unha conferencia final, titulada "Dinamización e posta en valor de áreas comerciais urbanas. Exemplo: eixo comercial San Pedro - Concheiros". Celebrarase o mércores 3 de xullo, de 20:30 a 22:00 horas, no mesmo salón de actos do Museo do Pobo Galego.

Compartir: