RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Recepción municipal á Peña Cicloturista Amigos de Santiago da cidade de Ávila

25/06/2013 Os concelleiros Luis Bello, Amelia González e Adrián Varela recibiron en Raxoi os integrantes da Peña Cicloturista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, que concluíron a edición XXVI da súa ciclomarcha a Compostela.

Esta agrupación realiza cada ano unha marcha ciclista que une Ávila e Santiago de Compostela. Son xa 26 anos os que levan facendo o Camiño de forma ininterrompida.

Compartir: