TURISMO

Os participantes na terceira edición do reto solidario "A Santiago contra o cancro" alcanzaron a súa meta

24/06/2013 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu os membros da Asociación contra o Cancro de León que remataron a terceira edición do reto solidario "A Santiago contra o cancro".

Esta foi unha carreira de relevos que percorreu os 350 quilómetros que separan León de Santiago para recadar fondos para a loita contra o cancro. Nesta terceira edición da proba solidaria participaron 52 relevistas, cada un dos cales tivo que buscar 200 euros en patrocinios para a Asociación Española contra o Cancro (AECC).

Compartir: