SAN XOÁN
Compostela celebrou o San Xoán
23/06/2013 Os barrios e parroquias de Compostela celebraron o San Xoán con 237 cacharelas e sardiñadas. Os concelleiros da Corporación uníronse a algunhas destas celebracións.
Na noite do 23 de xuño arderon 132 cacharelas na cidade (45 públicas e 87 privadas) e outras 105 nas parroquias do rural (2 públicas e 103 privadas).