CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC das Fontiñas acolleu a quinta edición do Encontro Interxeracional de Xadrez

21/06/2013 O Centro Sociocultural das Fontiñas acolleu o V Encontro Interxeracional de Xadrez, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais. Foi unha tarde dedicada a esta práctica deportiva, que practican habitualmente máis de 100 usuarios dos centros socioculturais.

O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, sumouse a esta sesión lúdica de xadrez, na que os asistentes participaron nas partidas interxeracionais e puideron visitar a exposición Campións de xadrez do mundo.

Ademais, como punto forte, houbo unha exhibición de Julio González Díaz, Dan Cruz Alvarez de Ron, Antía Martínez e Martín López Nores, finalistas no concurso televisivo Los Increibles. Fixeron demostracións de coñecemento de partidas históricas, de memoria, e demostracións a cegas, tal como o fixeran durante o concurso.

Compartir: