CULTURA

Compromiso co traxe galego

19/06/2006 A Concellaría de Cultura vén de renovar o seu compromiso coa Asociación do Traxe Galego, grazas a un convenio polo que recibirá 4.000 euros para financiar as súas actividades. Aséntase así a colaboración cunha entidade que realiza un labor entusiasta en prol da recuperación e promoción do traxe tradicional galego. O acordo foi asinado polo responsable de Cultura, Néstor Rego, e pola presidenta da Asociación, Pilar Domínguez.

"Temos moito interese en que a xente nova retome a confección dos traxes, a ser posible a semellanza dos antigos", apuntou Pilar Domínguez, que fixo un repaso polo dedicado labor que desenvolve esta entidade. As súas integrantes cortan e confeccionan, bordan ou visten bonecas e sempre están abertas a ofrecer os seus traxes para que quen queira os poida lucir.

Ademais de traballar no estudio, promoción e salvagarda do traxe tradicional galego, a Asociación organiza diversas actividades, como cursos de pandereta e baile, xornadas e conferencias, diversos desfiles e o premio Antón Fraguas.

Compartir: