CENTROS SOCIOCULTURAIS

Fin de semana repleto de actividades nos centros socioculturais

21/06/2013 Continua desenvolvéndose exitosamente o programa Imos ao baile 2013, da Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. As próximas citas serán esta fin de semana.

O sábado 22 de xuño, a partir das 17:30 horas, baile co grupo Enclave no CSC de Conxo; co grupo Glamour no CSC de Vite; e co grupo Solymar no CSC de Santa Marta. Ás 22:30 horas, o mesmo grupo Solymar estará no Lsc Marrozos. Finalmente, o domingo 23 de xuño, no LSC de Figueiras, actuación do Trio Alborada ás 22:30 horas.

Pesca sen morte na Granxa do Xesto
Tamén o sábado 22 de xuño, sesión de pesca sen morte na Granxa do Xesto, actividade incluída en Vive o verán!. Será partir das 11:00 horas previa inscrición nos centros socioculturais.

Nesta mesma xornada remata o programa de rutas Cultura Viva. Fai túa Compostela cun percorrido polas parroquias de Enfesta, Marantes, Nemenzo e Verdía. O grupo de inscritos sairá un pouco antes das 11:00 horas dende a Casa das Asociacións de Cornes, desprazándose en autobús ata o punto de saída deste percorrido polo rural de Santiago.

E o domingo 23 de xuño, roteiro para recoller as plantas de San Xoán, con saída do grupo a partir das 18:00 horas dende o CSC de Conxo (previa inscrición).

Compartir: