COMERCIO

Comezaron os "outfits" nas tendas participantes no "Sensación- all Compostela 13. O teu comercio está de moda"

21/06/2013 Co obxectivo de dinamizar o sector, incentivar o consumo e incrementar as vendas, a Concellaría de Comercio, en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e da Fundación Cidade da Cultura -lugar onde se celebrará o desfile final- puxo en marcha o programa de dinamización comercial Sensación- all,o teu comercio está de moda.

Os outfits concíbense como unha acción promocional dos comercios participantes. Dende o xoves 20 de xuño ata o xoves 27, un fotógrafo profesional, un cámara, e dous modelos profesionais, acompañados de persoal da organización, están acudindo a cada un dos comercios participantes coa finalidade de promocionar as distintas prendas ou produtos que cada tenda ofrece e que se acompaña dun pequeno ágape que os comercios poderán ofrecer á clientela que asista ao outfit. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, visitou un deses outfit no establecemento Allegra, na rúa Alfredo Brañas, 17.

Durante o outfit realízase unha sesión de fotos e grávanse as imaxes que servirán para a realización e edición do vídeo promocional que xunto coas fotos da sesión conforman o Look Book Sensación- all Compostela 13. O teu comercio está de moda.

A listaxe de comercios participantes e o calendario dos outfits está xa dispoñible na web municipal www.santiagodecompostela.gal.

Documentos relacionados



Compartir: