PLENO

O Pleno aproba definitivamente os orzamentos municipais de 2013

20/06/2013 O Pleno da Corporación aprobou de xeito definitivo o orzamento municipal do exercicio 2013, tras o estudo das alegacións. As contas saíron adiante co voto favorable do grupo de goberno e o pronunciamento negativo dos dous grupos da oposición.

A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, foi a encargada de explicar as alegacións presentadas. Desestimáronse todas, por cuestións de fondo ou de forma, agás unha de carácter técnico relativa a unha cota de urbanización.

O orzamento para o presente exercicio prevé uns gastos de 93.284.729 euros e uns ingresos de 96.525.739 euros, cun superávit de 3,5 millóns de euros. Estas contas, segundo a edil, están marcadas polas políticas de promoción do emprego e o investimento, a blindaxe do gasto social e dos servizos públicos básicos, a promoción económica e a equidade fiscal.

Compartir: