EDUCACIÓN

Programa de conciliación de verán do Concello

18/06/2013 Ábriuse un prazo de inscrición e matrícula no programa de conciliación de verán do Concello do 20 ao 26 de xuño. Este programa desenvolverase do 1 ao 31 de xullo e do 1 ao 10 de setembro no CEIP das Fontiñas. Haberá 70 prazas dispoñibles.

Os solicitantes terán que cubrir a folla de matrícula e entregala no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou nos rexistros auxiliares do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16); e no CERSIA (avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n). Xunto coa folla de inscrición deberá achegar o xustificante de pagamento na conta bancaria municipal Banesto 0030—6045-13-0870087271. Terán que indicar no momento de facer o ingreso: nome e apelidos do neno/a solicitante; modalidade escollida.

O Departamento de Educación facilitará as correspondente follas de matrícula no programa e publicará a lista de admitidos e, no seu caso excluídos, nesta páxina web. As admisións realizaranse por rigoroso orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.

Compartir: