XUVENTUDE

Clausuráronse as xornadas "Os xoves emprende" cunha sesión sobre internacionalización e novos mercados

20/06/2013 O edificio Cersia acolleu a última xornada do programa Os xoves emprende, organizado pola Concellería de Xuventude e Junior Empresa de Santiago (JEMSA) e que comezou o 25 de abril. A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou nesta sesión final xunto co vicerreitor de Internacionalización, Víctor Millet.

Nesta última xornada, Fernando Picón, socio director de OBZ Consulting, e Víctor Millet, vicerreitor de Internacionalización, achegaron aos participantes os métodos de internacionalización e investigación de novos mercados.

Con esta sesión concluíron as I Xornadas de Emprendemento e Promoción do Emprego Os xoves emprende, postas en marcha pola Concellería de Xuventude e JEMSA para mellorar as competencias emprendedoras e axudar a mozos e mozas con inquedanzas comúns. Tiveron lugar entre o 25 de abril e o 20 de xuño e coa súa realización pretendeuse aumentar a competitividade, fomentar a empregabilidade e o autoemprego xuvenil.

Compartir: