FACENDA

Os orzamentos de 2013, listos para a súa aprobación definitiva polo Pleno

17/06/2013 A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, deu conta da reunión da Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Especial de Contas, na que se abordou a aprobación definitiva dos orzamentos municipais de 2013.

Cecilia Sierra anunciou que, previsiblemente, se convocará un Pleno extraordinario para a mañá do xoves 20 de xuño, na que se aprobarán definitivamente estes orzamentos. Indicou que se desestimaron, por cuestións de fondo ou de forma, todas as alegacións, agás unha de carácter técnico relativa a unha cota de urbanización.

O orzamento para o presente exercicio prevé uns gastos de 93.284.729 euros e uns ingresos de 96.525.739 euros, cun superávit de 3,5 millóns de euros. Estas contas, segundo a edil, están marcadas polas políticas de promoción do emprego e o investimento, a blindaxe do gasto social e dos servizos públicos básicos, a promoción económica e a equidade fiscal.

Compartir: