SANIDADE
Xa dende a mañá houbo un posto con información sobre os modos de colaborar co Refuxio. Tamén se vendeu material do centro para recadar fondos.
Uns peregrinos moi especiais na busca dun fogar uníronse a Romaría Pop
15/06/2013 Por cuarta vez, os cans residentes no Refuxio de Bando, xunto con voluntarios e padriños realizaron a última etapa do Camiño de Santiago, para dirixirse logo ao Parque de Belvís. Alí, como novidade e no marco da Romaría Pop, houbo unha Pasarela de Adopción dos cans participantes e un posto informativo.
Este "Minicamiño" arrincou do Refuxio de Bando, de onde sairon dez cans residentes e outros 12 acompañados polos seus padriños e madriñas. A cuarta edición desta peregrinación rematou coa I Pasarela de Adopción, que se celebrou tamén en Belvís. Os cans que participaron no "Minicamiño" desfilaron para que todos puideran coñecer a súa historia e as súas facultades, e así conseguir o seu primeiro premio: un fogar.Xa dende a mañá houbo un posto con información sobre os modos de colaborar co Refuxio. Tamén se vendeu material do centro para recadar fondos.