ALCALDÍA

O príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, visitou o Concello de Santiago

15/06/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a SAI o príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, co que mantivo un breve encontro en Raxoi. O alcalde acompañou á Súa Alteza Imperial en toda a súa estadía en Santiago.

Ángel Currás deu a benvida ao príncipe Naruhito cunhas verbas en xaponés e agradeceulle a súa presenza en Santiago de Compostela. "Nikonkoku kotaishi denka, Naruhito sama, Santiago e yookoso irashaimashita", dixo o alcalde no idioma nipón, que significa "A Súa Alteza Imperial, príncipe Naruhito, benvido a Santiago".

Continuando coa súa visita oficial a España, incluída nos actos con motivo do Ano Dual España-Xapón, Naruhito tamén foi recibido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras realizar o herdeiro ao trono de Xapón un tramo do Camiño de Santiago. Naruhito visitou o Mirador de Peregrinos do Monte do Gozo.

Tras as recepcións, visitou a Catedral de Santiago, onde asistiu a un concerto a pianista Mine Kawakami e de Carlos Núñez. No templo puido ver en funcionamiento o Botafumeiro.

Compartir: