CENTROS SOCIOCULTURAIS

O sorteo de adxudicación de prazas das "Mañás de verán e de xogo" realizarase o martes 18 de xuño

14/06/2013 Rematado o 11 de xuño de 2013 o prazo para presentación de solicitudes de preinscrición nas actividades Mañás de verán e Mañás de xogo, atendendo aos criterios establecidos nas bases de participación -condición de empadroamento, cumprimento da idade establecida e prioridade ás solicitudes de participación por mes completo, xa son públicos os listados de admitidos definitivos, excluídos e a sorteo nas distintas actividades. O sorteo para a adxudicación das prazas realizarase o martes 18 de xuño, ás 11:30 horas, no Centro Sociocultural do Ensanche.

Dende a Concellería de Centros Socioculturais explícase que, debido a gran concorrencia de solicitudes deuse prioridade, de acordo coas bases, a aquelas que se presentaron para mes completo. As solicitudes para mes completo que durante o sorteo non obteñan praza na súa primeira opción, de existir vacantes noutros centros que sinalaran como segunda opción, serán obxecto dun segundo sorteo para cubrir estas.

Os listados definitivos logo do sorteo faranse públicos o dia 20 de xuño nos centros socioculturais e nas paxinas webs www.santiagodecompostela.gal e www.santiagosociocultural.org.

As Mañás de verán realizaranse nos centros socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta, mentres que as Mañás de xogo terán lugar nos grupos de centros de A Gracia-Grixoa-Lamascal e de Busto-Nemenzo-Marantes.

Documentos relacionados



Compartir: