CENTROS SOCIOCULTURAIS

Alicia Fernández e José Manuel Lorenzo reciben os premios "Aurelio Aguirre" e "José Saramago"

01/03/2005 O Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo, acolleu a entrega de premios do cuarto concurso de relato curto "José Saramago" e do segundo concurso de poesía "Aurelio Aguirre" o mércores 30 de marzo.

O acto, celebrado na honra do poeta Aurelio Aguirre e do 149 aniversario do Banquete de Conxo abriuse cun concerto do conxunto instrumental "Alfaia".

De seguido, a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, fixo entrega dos galardóns, que este ano recaeron en José Manuel Vázquez Lorenzo, de Boiro, pola obra "Tardes de amor, viño doce e galletas de coco", no certame de relato curto "José Saramago" e Alicia Fernández Rodríguez, de O Saviñao (Lugo) polo poemario "Verdes Imaxinados" no certame "Aurelio Aguirre".

Nova edición dos certames

Por outra banda, xa está aberto o prazo para o quinto concurso de relato "José Saramago", así como para o terceiro concurso poético "Aurelio Aguirre". As bases están expostas nos Centros Socioculturais do concello. Aqueles que queiran presentar os seus traballos, poderán facelo ata decembro de 2005 no rexistro do concello.

Compartir: